Eu?

Ui, vaia coa preguntiña… Quén son eu? (leede isto con voz de Zoolander para maior énfasis)

Coma ti, eu son moitas cousas á vez encerradas nun corpo tan grande como o meu interese por aprender: son fotógrafa, viaxeira, exploradora, loitadora, apasióname facer cousas que me gustan e ao tempo son a cousa máis vaga para facer as que non me interesan moito.

A miña vida foi bastante caótica, e inda hoxe en día segue sendo. Estudiei psicoloxía na universidade, vivín nuns cantos países europeos xa ao longo da miña vida adulta, traballei de múltiples cousas e pouco a pouco fun averiguando qué é o que quero facer da miña vida e cómo conseguilo.

Sigo facéndome preguntas existenciais de vez en cando e sei que non quero renunciar á aventura e a seguir explorando e descubrindo as cousas que me gustan e me fan feliz. Entre elas, atópase a fotografía, que me enamorou a primeira vista e é un campo non que non me canso de traballar. Coller a túa cámara, encontrarte con xente, compartir experiencias, experimentar, deixar fluir as enerxías… Descubrir sempre algo novo da man de persoas encantadoras é sempre un plus e unha das actividades coas que máis disfruto.

Así que aquí estou, esperando coñecervos e capturar esos momentos especiais para ti. Ou se cadra, simplemente xuntarnos un día cun pouco de atrezzo e pasar un bo rato, porque calquer día pode ser especial, porque a todos nos gusta ver fotos de cando éramos máis novos e transportarnos por un instante a aquel momento.